O Concello abrirá o luns o prazo de inscrición para o seu XV Xuntanza do Maior

4 Xan 2024

O Concello abrirá o luns, 8 de xaneiro, o prazo de inscrición da XV Xuntanza do Maior. Este encontro terá lugar o 21 de xaneiro e, durante o mesmo, prevese reunir a 700 personas maiores de 65 anos no pavillón dos Campóns.

O evento arrincará ás 13.00 e concluirá ás 20.30 horas. Nesta ocasión, o menú constará de tres pratos: callos de primeiro, carne asada con patacas e guarnición, de segundo, e larpeira e queixo do país con membrillo de postre. Con todo, ademais da comida, os comensais poderán gozar da actuación musical a cargo dunha orquestra.

A actividade está integrada dentro da programación anual dirixida a veciños e veciñas da terceira idade do municipio. Con esta oferta, búscase fomentar a participación e o encontro social entre este colectivo.

O prazo de solicitude estará aberto desde o luns, día 8, ao 16 de xaneiro (ambos incluidos). As persoas interesadas poderán apuntarse no salón de plenos do Concello, en horario de 9.00 a 11.00 horas.

Os asistentes deberán ter 65 anos ou máis e estar empadroados no municipio. En caso de que houbesen prazas dispoñibles, estas poderán cubrirse por persoas non empadroadas o 17 de xaneiro en horario de 9.00 a 10.00 no salón de plenos.

Estaba previsto que este evento se celebrase en outubro de 2023, pero a tramitación do expediente retrasouse, por diversos motivos, o que fixo que a data pospoñérase ata xaneiro do 2024.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.