O Concello abrirá o prazo de solicitude do Mañanceiro coa vista posta na conciliación  

7 Xuñ 2023

O Concello abrirá o luns, 19 de xuño, o prazo de solicitude do Mañanceiro, un dos programas cos que se busca promover a conciliación da vida laboral e familiar durante o curso escolar. A próxima convocatoria estará dispoñible nos seguintes centros: E.E.I. San Bartolomeu de Pravio e nos CEIP Wenceslao Fernández Flórez, Gonzalo Torrente Ballester, Emilio González López, Graxal e Portofaro. Para poñelo en marcha en cada un será preciso que haxa un mínimo de 6 prazas, podendo haber ata 26 solicitudes por centro de ensino.

O concelleiro de Educación e Sanidade en funcións, Miguel Ángel Gutiérrez, sinala o compromiso do goberno local en materia de conciliación: “continuamos traballando para poñer en marcha programas e medidas que alivien e axuden ás familias do municipio co coidado dos seus fillos e fillas”.

A través do Mañanceiro, que funciona de luns a venres, os escolares poden acceder ao recinto escolar ás 7.30 horas e permanecer alí ata o inicio das horas lectivas. O programa ofrece tamén a posibilidade de almorzo para os pequenos e pequenas. Os veciños e veciñas poderán, así mesmo, solicitar o mes completo ou pagar por días soltos (ata 12).

O formulario deberá presentarse a través da sede electrónica do Concello ou en calquera dos rexistros municipais.

O período de inscrición estará aberto entre o 19 de xuño e o 19 de xullo.

Información Mañanceiro curso 2023/2024

Solicitude Mañanceiro curso 2023/2024

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.