O Concello acometerá a mellora de varios camiños de acceso a parcelas agrícolas no Souto

24 Set 2022

Estas intervencións, financiadas a través dunha axuda de Agader, foron adxudicadas por 43.290 euros.

O Concello mellorará varios camiños de acceso a parcelas agrícolas no Souto, Anceis. As obras, que foron adxudicadas por 43.290 euros, contan cun prazo de execución dunhas catro semanas.

Estas actuacións levaranse a cabo a través dunha axuda da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e acometeranse nun tramo de máis dun km de lonxitude no lugar do Souto.

Tras elaborar unha listaxe dos camiños municipais que se atopaban en peor estado, seleccionouse aqueles que cumprisen cos requisitos da axuda de Agader. Finalmente, elixiuse as vías que se atopaban nun peor estado de conservación polo gran tránsito de vehículos. Os traballos consistirán na limpeza de cunetas e na reposición do firme para deixalo en bo estado.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.