O Concello aposta novamente polas axudas do Bonotaxi para facilitar o transporte das persoas con mobilidade reducida

10 Feb 2023

O Concello abrirá o vindeiro luns, 13 de febreiro, o prazo para solicitar o Bonotaxi, unha liña de axudas cuxo obxectivo final é facilitar o transporte das persoas con diversidade funcional e mobilidade reducida.

Esta axuda económica en forma de bonos permite aos veciños e veciñas de Cambre con problemas de mobilidade a utilización de taxis para os seus desprazamentos cando non poidan facer uso do transporte público. A través deste programa, os beneficiarios poderán utilizar estes vales para xestións administrativas -traslados a bancos, xestorías, acudir ao Concello, Seguridade Social, Facenda, Axencia Tributaria, etc.-, para visitas médicas, actividades culturais, deportivas, educativas e de lecer, así como por outros motivos para valorar polos servizos sociais municipais.

Na pasada convocatoria, o Concello recibiu 30 solicitudes. Tras a revisión e o envío dos requirimentos coa finalidade de emendar a documentación presentada, incompleta ou defectuosa, 23 cumpriron cos requisitos para a concesión da axuda económica individual.

A convocatoria desta 2023 conta cun orzamento de 20.000 euros, 5.000 euros máis con respecto ao ano pasado, e cada usuario e usuaria poderá percibir un máximo de 700 euros anuais. O prazo de solicitude estará aberto ata o 28 de febreiro, inclusive, debendo formalizarse as peticións nos rexistros municipais de forma presencial ou de maneira telemática a través da sede electrónica do Concello de Cambre.

A concelleira de Benestar Social, Lúa Sanguiñedo, sinala que este tipo de axudas “son unha medida máis para coidar dos nosos veciños e veciñas, mellorando a autonomía, autoestima e calidade de vida daqueles que teñen problemas de mobilidade”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.