O Concello cambia por completo o horizonte do lugar dos Campóns tras a demolición dun edificio ilegal 

10 Nov 2023

A imaxe no lugar dos Campóns cambiou por completo (Sigrás). Grazas ás obras do Concello, desapareceu do horizonte a edificación de baixo máis tres plantas cuxa construción quedou paralizada por incumprir coa normativa urbanística e por carecer, ademais, da correspondente licenza.

O concelleiro de Urbanismo e Obras, Juan González Leirós, lembra que a edificación incumpre “a tipoloxía de vivenda e a altura máxima permitida”. O edil lembra, ademais, que “que o edificio non podía legalizarse, existindo unha orde xudicial para o seu derrubamento, polo que non era posible destinalo a outro tipo de uso como, por exemplo a vivenda social”.

González Leirós explica, ademais, que estas intervencións dan resposta a “unha das demandas históricas que tiñamos coa veciñanza”. O edil apunta que, a maiores da demolición deste inmoble, o Concello eliminou tamén o esqueleto dun edificio situado na parroquia de Sigrás.

O inmoble recentemente demolido estaba situado nun chan clasificado como urbano de núcleo rural, incumprindo os seguintes parámetros: tipoloxía, parcela mínima, edificabilidade, ocupación, altura máxima –neste caso, a altura máxima sería de baixo máis unha planta-, distancia e un camiño público, non realizándose, ademais, a urbanización da parte de cesión da parcela.

O Concello requiriu, en marzo de 2018, ao dono do inmoble para que presentase un proxecto de derriba. Na devandita resolución, concedíase o prazo dun mes para o inicio do proxecto e cinco meses para o remate das obras. Unha vez transcorrido devandito prazo, o Concello acordou, en outubro de 2018, renovar os trámites para a execución subsidiaria destes labores.

As intervencións de demolición están practicamente concluídas. Agora, a empresa traballa na retirada do entullo resultante destes labores. Ao terminar as obras, a parcela deixarase conforme á rasante preexistente e protexeranse os elementos públicos que poidan verse afectados pola realización destes traballos.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.