O Concello conta con 227 propostas para o Decidámolo Xuntos a unha semana de concluír esta primeira fase

11 Out 2022

Cambre encara o final da primeira fase do Decidámolo Xuntos cunhas cifras de participación positivas: nos primeiros días desta etapa, o Concello recibiu 227 propostas veciñais. A estas alturas do ano 2021, recibíranse 155 achegas cidadás. Isto é, o número de propostas aumentou un 46,45% con respecto á pasada edición. Así o confirma o alcalde, Óscar García Patiño, que confía “en que as cifras deste programa de participación continúen medrando, tal e como sucedeu o ano pasado”. O rexedor incidiu no seu compromiso con esta iniciativa “que para nós é unha ferramenta esencial de escoita activa e de participación cidadá”.

Estes números correspóndense co formulario en liña dispoñible na web decidamoloxuntos.cambre.org. A estes habería que sumar, ademais, as iniciativas trasladadas durante as reunións coas asociacións e as que están a chegar a través do correo decidamoloxuntos@cambre.org e dos buzóns colocadas nos locais sociais das parroquias.

Prazo aberto

Os veciños e veciñas poderán facer chegar as súas propostas ata o martes, 18 de outubro. Estas deberán ser de investimento e de competencia municipal. Para iso, a cidadanía dispón de varias vías: poderán cumprimentar o formulario da web decidamoloxuntos.cambre.es ou enchelo e depositalo ou entregalo nos buzóns localizados nos locais sociais das parroquias, en calquera dos tres rexistros municipais ou enviándoo ao correo decidamoloxuntos@cambre.org.

Próximas fases

A seguinte etapa do Decidámolo consistirá na análise das iniciativas veciñais por parte dos servizos técnicos. Unha vez concluído o estudo de todas as propostas, elaborarase unha listaxe coas que obtivesen unha maior votación segundo o manual de puntuación do proceso participativo. A última fase do programa municipal será a votación, dispoñible entre o 29 de outubro e o 7 de novembro. A previsión é que as propostas gañadoras da sétima convocatoria estean publicadas o 15 de novembro.

En caso de resultar gañadoras, estas incorporaríanse ao documento económico do Concello de Cambre para o 2023. Unha vez incluídas nos orzamentos, e tendo en conta os prazos de redacción, a solicitude de permisos ás administracións correspondentes e os períodos de contratación, o Concello poderá executar os proxectos nun prazo de dous anos naturais tal e como recolle o manual do programa.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.