O Concello continúa cos seus talleres de emprego e promoverá a inserción laboral de 20 veciños a través do ‘PROXEDIS-Cambre’

19 Ago 2022

O obradoiro, dirixido a persoas en situación de desemprego, centrarase nos ámbitos de xeriatría e discapacidade.
Este ano aumenta a duración, pasando de 9 a 12 meses.

Un ano máis, o Concello promoverá a inserción laboral doutros 20 veciños e veciñas en situación de desemprego a través do obradoiro de emprego PROXEDIS-CAMBRE (PROfesionais en XEriatría e DIScapacidade).

A previsión é que a nova convocatoria comece o 19 de setembro e finalice o 18 de setembro de 2023, aumentando así a súa duración con respecto ás convocatorias anteriores, pasando de 9 a 12 meses. No caso do equipo docente e directivo, contratarase a un director, a un auxiliar administrativo, a dous docentes para a área psicosocial (un a xornada completa e outro a media) e un para a área sanitaria.

O lanzamento desta convocatoria reforza o compromiso do equipo de goberno coa xeración de emprego no municipio. Tal e como explica o concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Alcantarilla, trátase dunha profesión “cunha alta demanda no mercado laboral”.

O PROXEDIS-CAMBRE levará a cabo no Centro Municipal de Formación durante catro meses e os oito restantes o alumnado fará traballo práctico, rotando nos dous ámbitos, por unha banda en centros de terceira idade e polo outro en centros de discapacidade.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.