O Concello convoca a selección de teloneiros para o XXX Rock in Cambre

14 Xuñ 2022

O Boletín Oficial da Provincia publicou, esta mañá, as bases para a selección dos teloneiros que actuarán no XXX Rock in Cambre. O obxectivo, como apunta a concelleira de Cultura, Mónica Varela, “ é continuar apoiando e promovendo ás bandas locais, brindándolles a oportunidade de actuar no evento e de compartir escenario con agrupacións deste xénero de Galicia e do panorama nacional e internacional”. Tras dous anos de parón pola covid-19, a concelleira confía en que a próxima edición, que terá lugar o 12 e o 13 de agosto, “sexa memorable e, precisamente por iso, queremos que os grupos locais continúen tendo un papel esencial no festival”.

Poderán participar nesta convocatoria as bandas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Polo menos un dos membros deberá estar empadroado no Concello de Cambre.
  • A antigüidade mínima deste empadroamento deberá ser dun ano.
  • O estilo musical deberá ser pop-rock-fusión.
  • Todos os compoñentes do grupo deberán ter cumpridos 16 anos antes do inicio do Rock in Cambre.

As agrupacións interesadas en participar deberán presentar o formulario de inscrición en calquera dos rexistros do Concello nun prazo de dez días hábiles contados a partir de mañá, mércores 15 de xuño. Ademais da ficha de inscrición, as bandas deberán presentar o volante individual de empadroamento, unha fotografía recente do grupo, unha ficha artística de cada grupo, un dossier –títulos, letras escritas e autoría dos temas presentados- e unha maqueta de dous temas de creación propia cunha duración máxima de 15 minutos (esta deberá enviarse ao correo electrónico cultura@cambre.org).

 

A selección dos grupos realizaraa un xurado e o fallo farase público o 8 de xullo. Os membros deste xurado escollerá a catro grupos, que terán a consideración de premiados. Así mesmo, elixirá a outros catro de reserva por se algún dos premiados non puidese actuar.

 

Os elixidos participarán no XXX Rock in Cambre, e dispoñerán duns 30 minutos para a súa actuación. Ademais, concederáselles un premio de 800 euros (netos) a cada un dos grupos premiados.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.