O Concello cumpre unha nova demanda veciñal coa instalación de tres puntos de arranxo de bicicletas

14 Mar 2023

O Concello cumpriu, nos últimos días, unha nova demanda veciñal por medio da instalación de tres puntos de arranxo e mantemento de bicicletas. Trátase dunha petición cidadá que se converteu nunha das propostas gañadoras do proceso participativo Decidámolo Xuntos. O alcalde, Óscar García Patiño, e o concelleiro de Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, visitaron, xunto ao Club Ciclista Cambre-Caeiro e a Peña Ciclista Monte Xalo, un destes novos puntos, situado no paseo fluvial do río Mero.

Estes tótems están localizados en tres lugares estratéxicos do municipio: no exterior de Casa Palmeiras, en pleno paseo marítimo, na presa de Cecebre e na Barcala, dous puntos que forman parte do paseo fluvial do río Mero. A colocación destes elementos realizouse a partir das propostas dos propios clubs ciclistas de Cambre, que coñecen mellor cales son os roteiros máis empregados para a práctica deste deporte.

Estes elementos contan cun sistema antirrobo. Desta forma, calquera persoa que desexe facer uso das ferramentas do tótem deberá introducir, previamente, unha moeda. A continuación, o usuario ou usuaria poderá empregar as distintas ferramentas e, unha vez conclúa a reparación, terá que pechar a porta do tótem para recuperar a moeda.

Estas estacións inclúen varias ferramentas como unha bomba de aire para inflar as rodas, chaves inglesa e hexagonal de diferentes tamaños, alicates, chave de parafusos plano e de estrela e pancas para sacar a cuberta da roda.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.