O Concello de Cambre

Ocupa unha superficie de 40,6 quilómetros cadrados, cunha poboación crecente de máis de 24.500 habitantes. Está formado por 12 parroquias que se mantiveron con límites estables dende a Idade Media e forma parte da histórica comarca das Mariñas dos Frades.

As temperaturas son relativamente cálidas, sen grandes variacións térmicas. A orografía está determinada pola proximidade do mar e polo val do río Mero, que morre formando a Ría do Burgo-Temple. Así, configúrase un gran val con outros máis pequenos, perpendiculares, que debuxan unha imaxe xeral de gran suavidade orográfica.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.