O Concello denuncia un ataque cunha broca ao aguacate do Museo

24 Mar 2025

O Concello presentou, esta mañá, unha denuncia ante a Garda Civil por un ataque intencionado ao aguacate situado na contorna do Museo do Xacemento Romano. Tal e como se conclúe nun informe elaborado pola empresa encargada do servizo de mantemento de xardíns e zonas verdes, o 80% deste exemplar está afectado polos danos, orixinados na zona do colo polo uso dunha broca.

O edil de Urbanismo, Obras, Servizos, Medio Ambiente e Transporte, Juan González Leirós, lamenta estes actos, que “teñen un impacto, non só nas arcas municipais, senón tamén no patrimonio do municipio, o que supón un prexuízo para todos os veciños e veciñas”.

Este estudo realizouse despois de detectar que algunhas das ramas do aguacate estaban danadas. No mesmo conclúese que a deterioración da árbore non responde a un factor biolóxico, xa que este non presentaba enfermidades, pragas, pudricións, fungos ou outras anomalías que puidesen xustificar a seca das follas. No informe determínase que os orificios presentes no colo son froito dun acto vandálico co que o autor ou autora buscaba secar a árbore.

O documento conclúe que o 80% da árbore está afectado e presenta poucas posibilidades de recuperación. En todo caso, farase un terciado da árbore e levarase a cabo un estudo da súa evolución nos meses de primavera e no inicio do verán. No caso de que non recobre o seu estado orixinal, procederase ao seu tallado.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.