O Concello destinará medio millón de euros a executar melloras en 30 camiños municipais

12 Xuñ 2024

A xunta de goberno local aprobou, esta semana, o expediente de contratación dun novo plan de mantemento de camiños municipais. O proxecto sairá a licitación cun orzamento de 457.321,77 euros e implicará melloras nunhas 30 vías das seguintes parroquias: Bribes, Cecebre, Anceis, Cambre, Meixigo, Cela, Sigrás e Pravio. O edil de Urbanismo, Obras, Servizos, Transporte e Medio Ambiente, Juan González Leirós, explica que, ademais da partir dos traballos de inspección do persoal técnico, “moitas das actuacións faranse tendo en conta as demandas trasladadas polos veciños e veciñas destas zonas”. O concelleiro lembra que estas obras darán continuidade aos plans de conservación realizados no mandato anterior, “cando se investiu medio millón de euros do remanente municipal para cumprir coas peticións veciñais, a meirande parte relacionadas coa mellora das condicións de seguridade dá rede municipal”.

En liñas xerais, o proxecto municipal implicará a roza de cunetas e marxes en ambos os sentidos; fresado ou escarificado e rebaixe do pavimento asfáltico; limpeza de calquera material e varrido do firme para a extensión de mesturas bituminosas; formación do pavimento; recrecido de pozos, sumidoiros e outros rexistros; e reposición da sinalización vertical e horizontal.

As actuacións prolongaranse ao longo de boa parte do municipio, sendo estas algunhas das zonas de actuación: Estorrentada, Samosteiro, Meixigo, As Pereiras, Pena da Nosa Señora (Cambre), A Patiña (Cela), Carballás y San Bartolomeu (Pravio), Pena, Pontido y Pite (Sigrás), Piñeiro y Aldea de Arriba (Cecebre), Peiraio, Fontaíña, Barral, Nebrixe (Bribes) y Altamira, A Rocha, As Gamelas, Seoane (Anceis), entre outros puntos.

As intervencións realizaranse a través do POS+Adicional da Deputación da Coruña e contarán cun prazo de execución de dous meses (a partir da firma da acta de comprobación do reformulo).

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.