O Concello desvelará os segredos da igrexa de Santa María de Cambre cunha visita guiada nocturna

6 Nov 2023

A Concellería de Turismo e Patrimonio organizará, en novembro, unha nova sesión do seu programa As Noites do Museo. Nesta ocasión, a proposta consistirá nunha “visita experimental na que desvelaremos os segredos da igrexa de Santa María, un dos maiores tesouros do municipio”, explica o concelleiro de Turismo e Patrimonio, Ramón Boga. Unha das maiores particularidades será que esta actividade levará a cabo de noite co obxectivo de que “as persoas que asistan poidan centrar a súa mirada en detalles da igrexa que poden pasar desapercibidos no día a día”, explica Boga.

Baixo o título Desde unha mirada distinta: visita nocturna á igrexa de Santa María de Cambre, o concelleiro valerase dun foco de luz para guiar a mirada das persoas participantes. Desta forma, coa iluminación axudaráselles a centrar a vista en cada elemento arquitectónico brindándolles, ademais, unha breve explicación de cada un.

A visita guiada será o mércores, 22 de novembro, ás 20.30 horas. As persoas interesadas terán que inscribirse chamando ao teléfono do museo (981 65 62 17) ou enviando un correo a museo@cambre.org.

Trátase da segunda sesión que o Concello realiza dentro do programa. A primeira celebrouse no mes de outubro e foi unha charla sobre o Samaín a cargo do arqueólogo, Tito Concheiro.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.