O Concello e as asociacións contan os días para a Galaicoi, que ofrecerá verbena e xogos olímpicos castrexos

8 Xul 2022

O Concello e as asociacións contan xa os días para a celebración dunha das súas citas grandes: a Romaría Castrexo-Romana Galaicoi, que vivirá, o 15, 16 e 17 de xullo, a súa quinta edición. O teatro do Parque da Igrexa acolleu, esta mañá, a presentación do evento, na que tomaron parte o edil de Turismo e Patrimonio, Ramón Boga, a concelleira de Desenvolvemento Asociativo, María Carmen Pan Matos, a edil de Cultura, Mónica Varela, representantes dalgunhas das entidades que participarán na romaría e a Asociación Histórico-Cultural Gallaecia Viva. Durante o acto, os edís enumeraron as novidades da próxima edición. Entre elas, Boga destacou que, por primeira vez na historia do evento, levaranse a cabo tamén verbenas no propio castro.
O programa arrincará o venres, 15 de xullo (17.00 horas), coa asemblea dos clans. Esta actividade dará paso ao comezo das hostilidades entre castrexos e romanos. Desde ese momento e ata o final, os bandos enfrontados encerellaranse en múltiples batallas ata que o domingo, 17 de xullo, asinen o tratado de paz. O programa da romaría incluirá mercado, talleres, guerras e escaramuzas, desfiles, pasacalles e actividades de animación musical, representacións teatrais, etc.
Novidades desta edición
Este ano, incorporáronse dúas importantes novidades con respecto ás pasadas edicións: a organización de sesións vermú e de verbenas, o Campionato Castrexo para nenos e nenas e os II Xogos Olímpicos Castrexos, cuxas probas se sucederán ao longo de toda a programación.
No que a música se refire, a primeira actuación terá lugar o venres, 15 de xullo ás 23.00 horas, a cargo da Marabela de Cecebre. Ao día seguinte, sábado día 16, A Esmorga de Bribes amenizará a sesión vermú a partir das 15.00 horas. Ese mesmo día, ás 23.00 horas, a charanga Festicultores Troupe fará as delicias do público asistente. A última actuación musical no castro será o domingo, 17 de xullo, ás 14.00 horas coa charanga O Rumbo do Sardiñeiro-Fisterra.
Valor histórico
Durante a súa intervención, o concelleiro de Turismo e Patrimonio sinalou que a romaría “é xa un evento afianzado no calendario estival e que funciona como revulsivo para o tecido comercial e hostaleiro de Cambre”. En canto ás cifras de asistencia, o edil recoñeceu que os números “poderían mesmo duplicarse nesta quinta edición”, o que implicarían a chegada de miles de persoas ao longo dos tres días. A responsable da área de Turismo e Patrimonio indicou en que, máis aló das actividades lúdicas, a Galaicoi destaca pola súa “posta en valor do patrimonio e da historia de Cambre, así como pola recuperación dunha romaría tradicional con música, baile e xantar”. Boga concluíu a súa intervención animando á xente para sumarse á festa, “e, sobre todo, a vir caracterizados para manter vivo o espírito desta cita”.
O edil destacou “o enorme esforzo” realizado por todos os departamentos do Concello para que o evento salga adiante. Así mesmo, agradeceu o apoio dos concelleiros e concelleiras do goberno local e do alcalde, Óscar García Patiño.
Maior presencia de asociacións
No que ao tecido asociativo refírese, a V Galaicoi fixo historia. Tanto así, que na quinta edición contarán con cabanas no castro 24 entidades de todo o termo municipal e outros 14 particulares. Con todo, a romaría no castro estará aberta a todas as persoas que desexen sumarse. Na presentación, ao concelleira de Desenvolvemento Asociativo quixo agradecer “a grande implicación das asociacións”, ás que definiu “como a alma e como unha peza fundamental nesta romaría”. Proba do compromiso do tecido asociativo con esta cita foi, precisamente, a presenza dos membros das seguintes entidades na presentación desta mañá: Asociación de Veciños de Pravio, Asociación de Amas de Casa de Bribes, Asociación Cultural Garrulaxe, Asociación de Veciños O Palco de Meixigo, Asociación Aires de Sigrás, Asociación de Mulleres Vagalume de Brexo-Lema, Asociación Avelaíñas de Santa María do Amorne e de Sementeira.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.