O Concello e Cambre Empresarial colaboran nun concurso de decoración do Nadal

27 Nov 2024

O Concello de Cambre colabora coa Asociación de Empresarios Cambre Empresarial na posta en marcha do seu concurso de decoración do Nadal, co que se premiará a creatividade nos fogares de veciños e veciñas, con 400 euros en bonos para realizar compras no comercio local de Cambre.

O concurso, xa en marcha, consistirá na decoración de fachadas e xardíns de vivendas unifamiliares do municipio. Neste sentido, premiaranse as tres mellores decoracións, con bonos de 250 euros para o primeiro posto, 100 euros para o segundo, e 50 euros para o terceiro.

Para participar, enviaranse vía WhatsApp ao número 635 41 81 73 un máximo de oito imaxes ou vídeos dun minuto mostrando a decoración, e incluíndo nome, apelidos, teléfono, dirección e localización exacta, ata as 23:59 horas do 19 de decembro de 2024.

As decoracións gañadoras serán elixidas por votación popular a través da web oficial do concurso, na que estarán subidas as imaxes e vídeos das persoas participantes.

Unha vez acabado o prazo de votación, as decoracións gañadoras serán notificadas por teléfono e anunciadas nas webs do Concello de Cambre (www.cambre.es) e da Asociación Cambre Empresarial (https://cambrempresarial.com). A entrega de premios terá lugar na Casa da Cultura Vila Concepción o domingo 22 de decembro.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.