O Concello e os institutos descobren ás promesas da poesía e da narración coa entrega de premios do Certame Xoán Díaz

22 Mai 2024

O Certame Literario Xoán Díaz sitúase, un ano máis, como unha plataforma para descubrir talentos e para dar voz aos pensamentos, soños e historias das novas xeracións. Trátase dunha premisa que quedou clara, esta mañá, coa entrega dos galardóns ás novas promesas da narración e da poesía, que recaeron nas mans de rapaces e rapazas de entre 12 e 30 años.

Tras a deliberación do xurado, foron sete os premios que se entregaron nesta edición:

Poesía:  

Categoría A (de 12 a 14 anos)

1º premio: Noa Pardo Buenestado – A viaxe…

Categoría B (de 15 a 18 anos)

1º premio: Mencía Jorge Cabaleiro – Bolboretas

Categoría C (de 19 a 30 anos)

1º premio: Jorge Carril Espido – Salterío de sobrado

Narración:

Categoría A (de 12 a 14 anos)

1º premio: Patricia Real Romero – O recuncho dos recordos

2º premio: Vera Castro González – Reflexo

Categoría B (de 15 a 18 anos)

1º premio: Elba Fraga Rivas – O feitizo de Cambre

Categoría C (de 19 a 30 anos)

1º premio: Ana Couto Caneda – Adiante

A iniciativa está organizada polo Concello e o IES David Buján e Afonso X O Sabio. Este último centro acolleu, precisamente, o acto, que incluíu non só a propia entrega, senón tamén lecturas das obras premiadas e música a cargo do coro, do grupo de folclore do Afonso X e de Alberto Barreiro. No evento estiveron presentes o concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude, David Saborido, e a directora do IES Afonso X O Sabio, Belén Vidal, e o director do David Buján, Ricardo Rodríguez.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.