O Concello impulsa a contratación do alumnado-traballador do obradoiro PROXEDIS-Cambre cunha liña de axudas de 30.000 euros

30 Mar 2023

O Concello levará ao pleno de hoxe, xoves 30 de marzo, a aprobación inicial das bases para a convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación temporal do alumnado-traballador do taller PROXEDIS-Cambre (PROfesionais en XEriatría e DIScapacidade).

O concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Alcantarilla, explica que “esta é a liña de traballo busca mellorar a empregabilidade dos veciños e veciñas” e destaca que “a través desta iniciativa, facilitaremos que o alumnado-traballador poida aplicar os coñecementos adquiridos no mundo laboral, aumentando así as súas posibilidades de atopar un traballo de longa duración”.

Estas axudas buscan fomentar a contratación laboral temporal das 20 persoas que, actualmente, están a participar no taller de emprego. Esta convocatoria, dotada cun orzamento de 30.000 euros, e subvencionada pola Xunta, permitirá incentivar ás empresas cunha subvención fixa de 1.500 euros por cada alumno-traballador contratado cunha duración mínima de 3 meses de alta na Seguridade Social e a xornada completa. As contratacións que se beneficien desta convocatoria deberán formalizarse entre o 30 de setembro e o 14 de outubro de 2023.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.