O Concello lanza unha nova convocatoria da súa Escola de Actividades Físicas e Saúde con propostas para veciños de todas as idades

5 Dec 2022

Os veciños e veciñas de Cambre xa poden apuntarse na nova convocatoria da Escola de Actividades Físicas e da Saúde. A oferta inclúe propostas para todas as idades, e desenvolverase entre xaneiro e decembro de 2023 (salvo nos meses de xullo e agosto). O concelleiro de Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, explica que “con esta iniciativa buscamos continuar estimulando un estilo de vida máis saudable entre a cidadanía, achegándolles e dándolles a coñecer diferentes prácticas deportivas”.

A nova convocatoria das Escolas de actividades físicas e de saúde incluirá as seguintes propostas:

  • Ioga: luns e mércores de 18.45 a 19.45 horas no ximnasio Óliver Díaz Docando.
  • Taichi: martes e xoves de 20.30 a 21.30 horas no ximnasio Óliver Díaz Docando.
  • Relaxación O Graxal: luns e mércores de 19.00 a 20.00 horas no centro sociocultural O Graxal.
  • Relaxación A Barcala: martes e xoves de 19.00 a 20.00 horas no centro sociocultural A Barcala.
  • Tenis Brexo: martes, de 21.00 a 22.00 horas, e sábados de 13.00 a 14.00 horas, no polideportivo Bernardo Bish.
  • Ximnasia de mantemento de Cambre: luns, mércores e venres de 18.15 a 19.15 horas no pavillón Sofía Toro.
  • Ximnasia de mantemento Brexo: luns, mércores e venres de 19.30 a 20.30 horas no polideportivo Bernardo Bish.
  • Ximnasia de mantemento O Temple: luns, mércores e venres de 21.00 a 22.00 horas no polideportivo de O Temple.
  • Ximnasia de mantemento Os Campóns: luns, mércores e venres de 19.30 horas a 20.30 horas no pavillón Os Campóns.
  • Ximnasia de mantemento para a 3ª idade O Temple: luns e mércores de 11.00 a 12.00 horas no centro da 3ª idade de O Temple.
  • Ximnasia de mantemento para a 3ª idade Cecebre: martes e xoves de 17.30 a 18.30 horas no local social de Lendoiro.
  • Ximnasia de mantemento para a 3ª idade de Meixigo: martes e xoves de 11.00 a 12.0 horas na Casa do Pobo.
  • Ximnasia de mantemento para a 3ª idade de Santa María de Vigo: luns e mércores de 17.15 a 18.15 horas no centro da 3ª idade de Santa María de Vigo.

O período de inscrición estará aberto ata o 16 de decembro. As solicitudes poderán tramitarse nos rexistros do Concello (con cita previa) ou a través da sede electrónica.

As actividades cun mínimo de persoas participantes comezarán o 9 de xaneiro, manténdose aberta a inscrición ás Escolas durante todo o ano.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.