O Concello mellorará a rede do campo de fútbol Lendoiro incrementando a altura en máis de 2 metros

13 Feb 2025

A xunta de goberno local adxudicou, esta semana, o contrato para ampliar a rede para parar os balóns do campo de fútbol de Lendoiro, na Barcala. Estas obras foron adxudicadas por 8.159,03 euros e servirán para dar resposta a unha demanda solicitada polos propios usuarios da instalación municipal. Este proxecto súmase a outras intervencións que o Concello realizou, nos últimos meses, para mellorar varios espazos deportivos do municipio.

Tras a revisión realizada polo persoal técnico, comprobouse que a rede situada detrás da portería norte ten unha altura insuficiente, o que provoca que os balóns a excedan nos adestramentos e partidos oficiais. Para solucionar este problema, elevarase a altura da rede actual, de 5,2 metros, dispoñendo de 14 tubos galvanizados de suxeición cos que a estrutura chegará aos 7,8 metros. Xunto aos postes, colocarase unha rede con liña de 3 milímetros que cubrirá todo o ancho do campo e a nova altura.

Outras melloras

Ás actuacións que o Concello acometerá, proximamente, no campo de Lendoiro hai que sumar outras melloras implementadas en diversas instalacións deportivas. Así, o Concello substituíu, recentemente, as redes de portería dos tres campos de fútbol municipais (Daniel Mallo, Lendoiro e Os Pinares). Así mesmo, no Daniel Mallo substituíuse o motor da persiana antivandálica.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.