O Concello ofrecerá un programa completo de actividades infantís como parte do XXX Rock in Cambre

4 Ago 2022

A oferta inclúe unha masterclass de batería e obradoiros de linguaxe musical, construción de instrumentos e danza.

Os nenos e nenas volverán ser protagonistas no Rock in Cambre. Nesta trinta edición do festival, os máis pequenos e pequenas da casa poderán gozar, non só do I Rock Infantil (domingo, 7 de agosto, no teatro do Parque da Igrexa), senón tamén dun completo programa que o Concello organizará durante a semana do Rock in Cambre. O concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, sinala que estas propostas son “unha acción máis que enriquece e reforza o obxectivo principal do evento: achegar á música á veciñanza, neste caso aos nenos e nenas”.

A programación, que terá lugar entre o 10 e o 13 de agosto, constará de catro obradoiros dirixidos a distintas idades. A primeira proposta será o mércores, 10 de agosto, e consistirá nunha masterclass de batería para nenos e nenas de entre 8 e 13 anos. Será nos locais de ensaio do Concello en dúas quendas, un de 17.00 a 18.00 horas e outro de 18.30 a 19.30 horas.

A seguinte iniciativa terá lugar ao día seguinte, o xoves día 11 de 17.00 a 18.00 horas, na Escola de Música Sementeira Cambre. Neste caso, tratarase da actividade Vive o Rock a mogollón, sobre linguaxe musical e destinadas a pequenos e pequenas de entre 6 e 12 anos.

As futuras xeracións de músicos de entre 6 e 12 anos poderán aprender, ademais, a construír o seu propio instrumento. Terán a oportunidade de facelo o venres, 12 de agosto, de 17.30 a 18.30 horas, en Vila Concepción.

A última actividade, Rock miúdo, será sobre danza e levará a cabo o sábado, día 13, no local da 3ª idade de Cambre, entre as 18.00 e as 19.00 horas. Neste caso, está dirixida a público de entre 4 e 12 anos.

As prazas son limitadas e para inscribirse será necesario chamar ao teléfono 981 65 62 17 (en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas).

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.