Nestes encontros están presentes o alcalde, o edil de Urbanismo e Obras, Juan González Leirós, e a concelleira de Desenvolvemento Asociativo, María Carmen Pan Matos. Así mesmo, varias destas reunións contaron tamén coa participación de representantes da empresa redactora do PXOM. Os encontros continuarán sucedéndose nos próximos días.
En paralelo, os particulares poden consultar o documento tanto na páxina web municipal como nas propias dependencias municipais. Neste último suposto, os veciños e veciñas poden achegarse a mirar os planos ao salón de plenos ou, se o desexan, teñen a opción de pedir cita para ser atendidos por persoal municipal. O expediente pode consultarse de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas. En caso de requirirse asistencia técnica, o horario de atención será de luns a venres de 10.00 a 13.30 horas.
Para pedir cita previa, os cambreses e cambresas dispoñen de tres vías:
- O teléfono 981 61 31 28
- A páxina web de cita previa (seleccionando o rexistro de Cambre, área de Urbanismo e o apartado específico do PXOM habilitado no tipo de cita)
- Acudindo, presencialmente, á Casa do Concello
O período de exposición pública do Plan Xeral abriu o pasado 20 de xaneiro e, desde entón, concertáronse xa máis de 600 citas para recibir asistencia técnica por parte do persoal municipal.