O Concello organiza unha charla informativa sobre a tramitación de axudas do Consolida Cambre

14 Nov 2023

O salón de plenos acollerá mañá, mércores 15 de novembro, ás 14.00 horas unha charla informativa sobre o programa de subvencións Consolida Cambre. Trátase dunha liña de axudas coas que o Concello busca promover a consolidación de proxectos empresariais no municipio. O encontro de mañá correrá a cargo de persoal técnico da Axencia de Desenvolvemento Local de Cambre, que informará os asistentes dos requisitos e pasos a seguir para solicitar estas subvencións.

A liña de 2023 conta cunha dotación orzamentaria de 80.000 euros, 20.000 máis que no exercicio anterior. Con respecto a 2022, as contías máximas a percibir polos beneficiarios pasarán de 1.100 a 2.500 euros.

En canto aos posibles destinatarios, poderán optar a estas axudas as persoas individuais ou socios de micropemes ou pemes de Cambre que se desen de alta na Seguridade Social entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de decembro de 2021 e que continúen de alta na data de publicación do extracto da convocatoria.

A contía máxima a conceder a cada persoa ou entidade beneficiaria non poderá superar os 2.500 euros. Esta axuda servirá para cubrir as cotas correspondentes do pago á seguridade social no Réxime especial de Traballadores/as por conta propia ou Autónomos/as (RETA) ou nalgunha mutualidade dos colexios profesionais correspondente aos 18 primeiros meses de actividade. O prazo de solicitude estará aberto ata o 10 de decembro.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.