O Concello pon a punto un camiño municipal polo que discorre o Camiño Inglés

21 Mar 2023

  • Os traballos consistiron na limpeza de gabias e marxes, redefinindo, ademais, os noiros. Ademais, procedeuse á escarificación da calzada e execución do pavimento.

O Concello acaba de concluír as obras de arranxo e posta en valor dun tramo do roteiro Xacobeo que discorre polo camiño municipal 125. Os traballos adxudicáronse por preto de 50.000 euros e contaron cun prazo de execución dun mes.

O alcalde, Óscar García Patiño, e o concelleiro de Turismo e Patrimonio, Ramón Boga, desprazáronse, nos últimos días, ata o lugar para comprobar o resultado destes traballos. O rexedor sinala que se trata dunhas actuacións “esenciais para garantir que o Camiño Inglés estea nas mellores condicións posibles”. García Patiño lembra que este roteiro Xacobeo “é un aliciente para a chegada de visitantes ao noso municipio, polo que o obxectivo deste tipo de actuacións non é outro que poñelo en valor”.

Como parte do proxecto, limpáronse as gabias e as marxes ao longo da vía, redefinindo, ademais, os noiros. Así mesmo, procedeuse á escarificación de calzada en toda a superficie e, finalmente, executouse o pavimento empregando, para iso, materiais naturais como pedra, terra e formigón, tal e como recomendan desde a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.