O Concello prevé iniciar unha nova edición do curso de Alfabetización dixital para familias en xaneiro ante o interese veciñal

16 Nov 2022

O Concello iniciou, xunto con COCEMFE e COGAMI, unha nova convocatoria do seu curso de Alfabetización dixital para pais e nais. A iniciativa, que arrincou leste mesmo mes, contou coa visita do concelleiro de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, que puido constatar o “grande interese” que o programa suscita entre os veciños e veciñas. Tanto así, que as persoas participantes na edición actual transmitiron ao edil o seu interese por ampliar a duración do curso para así poder profundar nos contidos impartidos. Gutiérrez avanza que a previsión é lanzar outra convocatoria no mes de xaneiro, procurando, iso si, ampliar os contidos e a duración do programa de sesións.

O obxectivo do programa, que se desenvolverá ata finais de novembro, é brindar aos pais, nais ou outros familiares as ferramentas necesarias para axudar aos nenos e nenas na súa formación. O concelleiro de Educación incide en que “se trata dunha medida esencial coa que os veciños e veciñas poderán favorecer o desenvolvemento formativo dos seus fillos e fillas”.

O programa está a levarse a cabo nas aulas de informática da Barcala e do Temple co fin de darlles máis facilidades aos veciños e veciñas á hora de acudir á actividade. En canto aos contidos, o programa ofrece formación á carta. É dicir, a temática defínese en función do nivel e das demandas dos participantes.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.