Más de 250 vecinos y vecinas han solicitado ya cita para consultar el Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cambre....
O Concello promoverá hábitos de vida saudables co seu novo programa de actividades de verán
Tamén che pode interesar
El Fendetestas de Sigrás cobra vida gracias a un filtro de realidad aumentada promovido por el Concello
El escritor Wenceslao Fernández Flórez se inspiró en las Fragas de Cecebre para escribir El bosque animado, una de sus...
Solicitude de preinscrición
O Concello lanza, un ano máis, o seu programa de actividades de verán, co que busca promover hábitos de vida saudables entre os veciños e veciñas do municipio. A nova convocatoria incluirá clases de patinaxe, actividades nos parques biosaudables, tenis, campamento de actividades na natureza, cursos de equitación e de piragüismo. O concelleiro de Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, explica que estas propostas perseguen un claro obxectivo: “queremos seguir promovendo a práctica deportiva e a adopción dun estilo de vida máis saudable entre a veciñanza”.
A proposta deportiva de 2022 contará coas seguintes actividades:
O prazo de solicitude estará aberto desde o luns, 6 de xuño, ata o día 20.
- Patinaxe. Será na pista polideportiva de Pravio e ofreceranse dez prazas para nenos/ as nados entre o 2013 e o 2018. Clases os luns, mércores e venres de 19.00 a 20.00 horas.
- Actividades nos parques biosaudables para que os usuarios e usuarias destas instalacións aprendan a utilizar correctamente os diferentes apartados.
- Tenis. Os cursos, dirixidos a maiores de 6 anos, realizaranse en dúas quendas ao longo do verán. O primeiro, no polideportivo da urbanización A Barcala o 1, 4, 5, 6, 7, 11, 12, 13, 14 e 15 de xullo de 11.30 a 12.30 horas. O segundo levará a cabo na pista de tenis municipal da urbanización Castros do Bosque os días 18, 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de xullo de 12.00 a 13.00 horas.
- Campamento de actividades na natureza “Convive co mundo cabalar”. Haberá dúas quendas: o primeiro para os nados entre o 2014 e o 2018 que terá lugar o 2, 3, 4 e 5 de agosto (de 9.00 a 14.00 horas), e o segundo para os nenos nados entre do 2013 ao 2010 que se celebrará o 9, 10, 11 e 12 de agosto (de 9.00 a 14.00 horas). En total, ofreceranse 15 prazas.
- Cursos de equitación no Centro Pinteño. Ao longo do verán faranse dúas quendas dirixidas a nenos e nenas nacidos do 2004 ao 2014. O primeiro realizarase o 5, 6, 7, 8, 12, 13, 14 e 15 de xullo. A segunda quenda será os días 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de xullo.
- Curso de piragüismo (para maiores de 9 anos). Organizaranse dúas quendas no mes de agosto, un na primeira quincena e outro na segunda. En ambos os casos o Club Náutico de Cambre será o espazo no que terán lugar as actividades.