O Concello promoverá hábitos de vida saudables co seu novo programa de actividades de verán

9 Xuñ 2022

Solicitude de preinscrición
O prazo de solicitude estará aberto desde o luns, 6 de xuño, ata o día 20.
O Concello lanza, un ano máis, o seu programa de actividades de verán, co que busca promover hábitos de vida saudables entre os veciños e veciñas do municipio. A nova convocatoria incluirá clases de patinaxe, actividades nos parques biosaudables, tenis, campamento de actividades na natureza, cursos de equitación e de piragüismo. O concelleiro de Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, explica que estas propostas perseguen un claro obxectivo: “queremos seguir promovendo a práctica deportiva e a adopción dun estilo de vida máis saudable entre a veciñanza”. A proposta deportiva de 2022 contará coas seguintes actividades:
  • Patinaxe. Será na pista polideportiva de Pravio e ofreceranse dez prazas para nenos/ as nados entre o 2013 e o 2018. Clases os luns, mércores e venres de 19.00 a 20.00 horas.
  • Actividades nos parques biosaudables para que os usuarios e usuarias destas instalacións aprendan a utilizar correctamente os diferentes apartados.
o O Temple: martes e xoves de 11.00 a 12.00 horas o Sigrás: martes e xoves de 9.30 a 10.30 horas o Cambre: martes e xoves de 11.00 a 12.00 horas o Andeiro: martes e xoves de 20.30 a 21.30 horas o Anceis: de luns a mércores de 20.00 a 21.00 horas o Pravio: martes e xoves de 20.00 a 21.00 horas o A Barcala: martes e xoves de 9.30 a 10.30 horas
  • Tenis. Os cursos, dirixidos a maiores de 6 anos, realizaranse en dúas quendas ao longo do verán. O primeiro, no polideportivo da urbanización A Barcala o 1, 4, 5, 6, 7, 11, 12, 13, 14 e 15 de xullo de 11.30 a 12.30 horas. O segundo levará a cabo na pista de tenis municipal da urbanización Castros do Bosque os días 18, 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de xullo de 12.00 a 13.00 horas.
  • Campamento de actividades na natureza “Convive co mundo cabalar”. Haberá dúas quendas: o primeiro para os nados entre o 2014 e o 2018 que terá lugar o 2, 3, 4 e 5 de agosto (de 9.00 a 14.00 horas), e o segundo para os nenos nados entre do 2013 ao 2010 que se celebrará o 9, 10, 11 e 12 de agosto (de 9.00 a 14.00 horas). En total, ofreceranse 15 prazas.
  • Cursos de equitación no Centro Pinteño. Ao longo do verán faranse dúas quendas dirixidas a nenos e nenas nacidos do 2004 ao 2014. O primeiro realizarase o 5, 6, 7, 8, 12, 13, 14 e 15 de xullo. A segunda quenda será os días 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de xullo.
  • Curso de piragüismo (para maiores de 9 anos). Organizaranse dúas quendas no mes de agosto, un na primeira quincena e outro na segunda. En ambos os casos o Club Náutico de Cambre será o espazo no que terán lugar as actividades.
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns, 6 de xuño, ata o día 20 -ambos os incluídos-. As persoas interesadas poderán tramitar a súa solicitude na sede electrónica ou nos rexistros municipais (pedindo cita previa).

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.