O Concello promoverá hábitos de vida saudables co seu programa de actividades de verán

2 Xuñ 2023

O Concello lanza, un ano máis, o seu programa de actividades de verán, co que busca promover hábitos de vida saudables entre os veciños e veciñas do municipio. A nova convocatoria incluirá clases de patinaxe, actividades nos parques biosaudables, tenis, campamento de actividades na natureza, cursos de equitación e de piragüismo. O concelleiro de Deportes e Xuventude en funcións, Daniel Mallo, explica que estas propostas perseguen un claro obxectivo: “queremos seguir promovendo a práctica deportiva e a adopción dun estilo de vida máis saudable entre a veciñanza”.

A proposta deportiva de 2023 contará coas seguintes actividades:

  • Patinaxe. Será na pista polideportiva de Pravio e ofreceranse vinte prazas para nenos e nenas nacidos entre o 2014 e o 2019. As clases levaranse a cabo os luns, mércores e venres do mes de xullo de 19.00 a 20.00 horas.

 

  • Actividades nos parques biosaludables para que os usuarios e usuarias destas instalacións aprendan a utilizar correctamente os diferentes apartados. Levaranse a cabo tanto en xullo como en agosto e serán gratuítas.

o      O Temple: martes e xoves de 11.00 a 12.00 horas

o      Sigrás: martes e xoves de 9.30 a 10.30 horas

o      Cambre: martes e xoves de 11.00 a 12.00 horas

o      Andeiro: martes e xoves de 20.30 a 21.30 horas

o      Anceis: de luns a mércores de 20.00 a 21.00 horas

o      Pravio: martes e xoves de 20.00 a 21.00 horas

o      A Barcala: martes e xoves de 9.30 a 10.30 horas

 

  • Tenis. Os cursos, dirixidos a maiores de 6 anos, realizaranse en dúas quendas ao longo do verán. O primeiro, no polideportivo da urbanización A Barcala o 1, 4, 5, 6, 7, 11, 12, 13, 14 e 15 de xullo de 11.30 a 12.30 horas. O segundo levarase a cabo na pista de tenis municipal da urbanización Castros do Bosque os días 18, 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de xullo de 12.00 a 13.00 horas.

 

  • Campamento de actividades na naturaleza “Convive co mundo cabalar”. Haberá dúas quendas: a primeira para os nados entre o 2015 e o 2019 que terá do 31 de xullo ao 4 de agosto (de 9.00 a 14.00 horas), e a segunda para os nenos nados entre do 2014 ao 2011 que se celebrará os días 7, 8, 9, 10 e 11 de agosto (de 9.00 a 14.00 horas).

 

  • Cursos de equitación no Centro Pinteño. Ao longo do verán faranse dúas quendas dirixidas a nenos e nenas nacidos do 2005 ao 2015. O primeiro realizarase o 4, 5, 6, 7, 11, 12, 13 e 14 de xullo. A segunda quenda será os días 18, 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de xullo. As sesións levaranse a cabo de 17.00 a 18.00 horas.

 

  • Curso de piragüismo (para maiores de 9 anos). Organizaranse dúas quendas entre xullo e agosto. O primeiro levarase a cabo a segunda quincena de xullo (oito días) e o segundo terá lugar a primeira quincena de agosto (ofrecendo tamén oito días). En ambos os casos o Club Náutico de Cambre será o espazo no que terán lugar as actividades.

 

O prazo de inscrición estará aberto desde o luns, 5 de xuño, ata o día 16 (ambos os dous incluídos). As persoas interesadas poderán tramitar estas solicitudes nos rexistros municipais ou na sede electrónica.

Programa actividades verán Concello Cambre 2023

Inscrición programa actividades verán Concello Cambre 2023

Tamén che pode interesar