O Concello reafirma a súa aposta polo talento de Cambre coa apertura do prazo de solicitude dos locais de ensaio

20 Set 2022

O Concello mantén a súa aposta polo talento de Cambre coa apertura do prazo de solicitude dos locais de ensaio. Trátase de tres instalacións situadas na urbanización A Barcala e que, no último medio ano, foron utilizadas por un total de 15 formacións: da cifra, 10 foron bandas e cinco foron solistas. Atendendo a estes números, o concelleiro de Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, incide no compromiso do goberno local “por seguir ofrecendo estas dependencias que consideramos esenciais para darlles aos grupos un lugar onde ensaiar”.

O período de solicitude estará aberto entre hoxe, martes 20 de setembro, e o día 30. As formacións interesadas poderán tramitar a súa petición cubrindo a documentación dispoñible na páxina web municipal e entregándoa a través do rexistro municipal ou da sede electrónica.

Poderán acceder a estas instalacións os grupos que conten, como mínimo, cun membro empadroado Cambre. Os solistas deberán cumprir tamén este requisito. No caso das agrupacións, o Concello outorgará unha maior puntuación ás que teñan un maior número de empadroados e a aquelas que conten con máis novos dentro da banda.

Unha vez se reciban todos os formularios, confeccionarase un calendario. Desta forma, cada solicitante terá a posibilidade de elixir o seu horario predilecto entre o luns e o domingo desde as 10.30 ata as 22.30 horas. Terán acceso, como mínimo, a dúas horas de uso que poderían verse incrementadas en función do número de solicitudes que se reciban. O emprego destes espazos é completamente gratuíto. A cambio do uso destas salas, os grupos tan só deberán actuar nalgún evento de carácter municipal.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.