O Concello reafirma a súa aposta por crear espazos urbanos de calidade no Temple coas obras en Francisco Rodríguez

29 Mar 2023

A contorna da rúa Francisco Rodríguez terá, proximamente, unha nova estética e unha maior funcionalidade e seguridade. O Concello acaba de sacar a licitación un proxecto de reordenación que se executará en tramos das rúas Celso Emilio Ferreiro e Francisco Rodríguez e co que se poñerá o foco en varios obxectivos: por unha banda, reforzarase a seguridade do tráfico rodado e, polo outro, acondicionarase o espazo para darlle un maior protagonismo ao peón fronte ao vehículo. As obras saíron a contratación por 76.399,3 euros (92.443,15 euros con IVE incluído) e cun prazo de execución de dous meses.

Actualmente, os aparcadoiros en oblicuo existentes nas inmediacións do parque infantil están deseñados para que os vehículos aparquen cara adiante. Esta circunstancia limita e reduce a visibilidade dos condutores cando realizan a saída marcha atrás. Os pavimentos na rúa atópanse en mal estado de conservación e as plaquetas das beirarrúas están obsoletas. A maiores, o Concello detectou a necesidade de darlle un maior protagonismo ao peón fronte ao vehículo, o que implicará a mellora estética da contorna procurando integrar esta actuación no ámbito do parque Ramón Barba, situado a poucos metros.

Para resolver estes problemas, o Concello reordenará os aparcadoiros, que se deseñarán en oblicuo e marcha atrás para mellorar a seguridade viaria nas manobras de saída dos coches estacionados. O Concello renovará os pavimentos e executará unha calzada ao mesmo nivel nos tramos de rúa perimetrais ao parque infantil, garantindo a convivencia entre o tráfico peonil e rodado. Por último, o proxecto incluirá a mellora estética desta área empregando, para eles, materiais atractivos e similares aos xa usados na contorna próxima ao lugar de actuación. As obras completaranse coa instalación de nova sinalización horizontal e vertical, do mobiliario urbano e de novas árbores.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.