O Concello recibiu preto dun 15% máis de solicitudes para o programa de conciliación Mañanceiro

20 Xul 2022

O concelleiro de Educación e Sanidade sinala que estas cifras confirman a necesidade de “seguir apostando por medidas que favorezan a conciliación da vida laboral e familiar da cidadanía”.

O Concello acaba de pechar o prazo de solicitude do programa de conciliación Mañanceiro. Fíxoo tras recibir máis de 400 solicitudes por parte das familias do municipio. Isto é, preto dun 15% máis con respecto ao curso anterior. O edil de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, valora estas cifras e indica que confirman a necesidade de “seguir apostando por medidas e iniciativas que favorezan a conciliación da vida persoal e familiar da cidadanía”.

O Mañanceiro comezará co inicio do ano académico, implantándose, de novo, nos seguintes centros de ensino: E.E.I San Bartolomeu de Pravio e os CEIPS Wenceslao Fernández Flórez, Gonzalo Torrente Ballester, Emilio González López, O Graxal e o colexio Portofaro.

A través deste servizo, que funcionará de luns a venres, os escolares poderán acceder ao centro ás 7.30 horas e permanecer alí ata o inicio das horas lectivas. O Concello ofreceu a posibilidade de almorzo para os pequenos e pequenas. Os veciños e veciñas tiveron a oportunidade, ademais, de solicitar o mes completo ou pagar por días soltos.

Máis aló da convocatoria de verán, os cambreses e cambresas poderán formalizar a súa inscrición ao longo de todo o curso académico sempre que haxa prazas dispoñibles.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.