O Concello redistribúe o tráfico para continuar cos traballos de poda na DP-1702

26 Xan 2024

A próxima semana retomaranse os traballos de poda na Estrada de Estación DP-1702, concretamente na contorna da estación de tren cambresa.

Isto provocará o desvío de tráfico na zona, quedando temporalmente indicado que os vehículos pesados deberán transcorrer pola zona do Mesón Vasco AC-214 e os lixeiros pola urbanización Arrigada. Os autobuses da liña regular e os de servizo escolar terán o paso autorizado, non ocasionando ningún inconveniente no percorrido habitual.

Segundo as primeiras indicacións, as obras poderían prolongarse durante toda a semana, en horario de 8:30 a 15:30 horas.

A súa vez, os labores ocasionarán tamén restricións temporais no estacionamento desta zona.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.