O Concello redobra a súa aposta polo Rock Infantil e ofrecerá dous días de actuacións en Cambre e O Temple

23 Xul 2024

A pesar da súa curta idade, o Rock Infantil converteuse nunha das citas ineludibles do verán en Cambre. Tanto é así que na súa segunda edición as persoas contáronse por centos e encheron o teatro do Parque da Igrexa. Tendo en conta estas cifras de participación, o Concello decidiu redobrar a súa aposta por este evento, facéndoo extensivo durante dous días. A cita para os pequenos terá lugar o venres, 2 de agosto, e o sábado, día 3, no CEIP Portofaro e no Parque da Igrexa, respectivamente. En total, ofreceranse cinco actuacións como parte do programa. Todas elas estarán dirixidas ao público familiar e buscarán transmitir aos máis novos a paixón por este xénero musical.

O edil de Cultura, Deportes e Xuventude, David Saborido, lembra que en Cambre hai unha gran devoción “pola música, en xeral, e polo rock and roll, en particular”. De feito, o municipio acolle, desde fai anos, o Rock in Cambre, un dos festivais do xénero máis lonxevos da comarca. Como explica o concelleiro, o Rock Infantil pretende “que esta devoción que os cambreses sentimos polo rock se poida transmitir tamén aos máis novos”. Saborido confía en que a terceira edición “poida superar as cifras de participación do ano pasado”.

O venres, 2 de agosto, a música aterrará no colexio Portofaro a partir das 19.00 horas. Ese día, o espectáculo correrá a cargo do grupo infantil Mamá Cabra e da banda The Music Patrol.

Ao día seguinte, sábado 3 de agosto, o Rock Infantil levarase a cabo no teatro do Parque da Igrexa. Ese día, a partir das 19.00 horas, o espectáculo iniciarase da man da Banda Xuvenil de Música Sementeira Cambre. A continuación, terá lugar unha sesión de rock co DJ Manri e Julia B.T. Co seu espectáculo Rock ‘N’ Magic, o Mago Teto encargarase do peche do evento.

O Concello preparou uns panos conmemorativos do Rock Infantil que regalará ás familias asistentes a algunha das dúas xornadas.

 

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.