O Concello renovará a pavimentación da rúa Río Gándara de A Barcala

15 Mar 2023

O Concello mellorará a pavimentación das beirarrúas da rúa Río Gándara (urbanización A Barcala). As obras, valoradas en 30.000 euros, financiaranse con cargo ao Plan Único da Deputación A Coruña, e servirán para dar continuidade á liña de traballo das últimas actuacións realizadas na zona.

O obxectivo da obra é dar continuidade ás beirarrúas, eliminando a rampla metálica existente para acceder tanto ao portal de vivendas do edificio número 6 desta rúa como á biblioteca municipal Xabier P. Docampo. A idea é deixar o mesmo acabado que o pavimento existente nas beirarrúas que foron reformadas tras os traballos de impermeabilización da zona.

Para acadar estes obxectivos levantaranse os pavimentos e elementos existentes neles. A continuación, procederase á execución da base do pavimento para, finalmente, proceder á realización dos acabados finais de pavimentos. Se é necesario, construiranse instalacións de recollida de augas pluviais. Ao remate destas intervencións, non só se incrementará o ancho da beirarrúa, senón que tamén se axustarán as súas alturas para permitir o acceso á biblioteca e ao portal sen necesidade de ramplas.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.