O Concello retoma o programa Ler conta moito para achegar a lectura aos máis novos

17 Set 2024

Co inicio do curso escolar, o Concello recupera o Ler conta moito, o programa de promoción á lectura con diversas actividades nas bibliotecas municipais. A iniciativa arrincará mañá, mércores 18 de setembro, e continuará durante as vindeiras semanas, con propostas na Biblioteca Central María Pita, na Xabier P. Docampo e nos Templarios.

A programación dará comezo mañá, mércores 18 de setembro, ás 17.30 horas na Biblioteca Central. Paula Carballeira chegará á instalación co seu Contos de sapos, bruxas e curuxas, un espectáculo dirixido a nenos a partir de 4 anos. Unha actividade coa que Carballeira buscará rescatar algunhas das ensinanzas que nos deixan os contos e que, co paso do tempo, quedan esquecidas.

Ao día seguinte, xoves 19 de setembro, ás 18.30 horas Trémola Teatro tomará a remuda na Biblioteca Os Templarios con Leo e a música. Neste caso, a actividade está destinada a pequenos e pequenas de 0 a 3 anos que terán que axudar a Leo, un león que quere devolverlle as cores aos seus amigos.

A última actividade desta semana será Contacontos en movemento: libros e ioga!, de Árbore Azul. Será o venres, 20 de setembro, ás 17.30 horas na Xabier P. Docampo. Neste caso, os destinatarios serán rapaces de 6 a 10 anos, que terán a ocasión de gozar dunha historia participativa con letras, imaxes e natureza.

A última actividade desta semana será Contacontos en movemento: libros e ioga!, de Árbore Azul. Será o venres, 20 de setembro, ás 17.30 horas na Xabier P. Docampo. Neste caso, os destinatarios serán rapaces de 6 a 10 anos, que terán a ocasión de gozar dunha historia participativa con letras, imaxes e natureza.

O mes rematará coa Zinética de Komorevi o venres, 27 de setembro, na Xabier P. Docampo (17.30 horas). Neste caso, é un taller no que os rapaces e rapazas de 7 a 10 anos aprenderán a elaborar un fanzine (unha pequena revista para fans) propio que, ao remate, poderán levar ás súas casas.

As inscricións poden tramitarse chamando ao teléfono da Biblioteca Central María Pita: 981 675 109.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.