O Concello saca a licitación o proxecto para reformar a planta baixa do local de Brexo-Lema

27 Out 2022

O Concello acaba de sacar a licitación o proxecto para reformar a planta baixa do centro sociocultural de Brexo-Lema. As obras saen a contratación cun valor estimado de contrato de 11.708 euros e permitirán ampliar o cuarto que, agora mesmo, funciona como office.

O edificio existente está conformado por tres pisos: o baixo, a primeira planta e a baixo cuberta. Actualmente, a planta baixa atópase acondicionada como office. Con estas obras búscase incrementar esta sala, dotándoa, á vez, dunha ventilación natural ao exterior da que carece na actualidade.

O proxecto contempla a realización dos seguintes traballos: demolición do tabique e das escaleiras existentes; apertura do oco na fachada para colocar unha xanela; execución da tabiquería autoportante de placas de xeso laminado para pechar a estancia ampliada; reconfiguración e construción da escaleira que se demole; realización dos remates de albanalería e, por último, labores de pintado.

O prazo de presentación de ofertas estará dispoñible ata o 14 de novembro. Unha vez formalizado o contrato, os traballos contarán cun período de execución de dous meses.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.