O Concello solicita a Augas de Galicia a reparación urxente das cárcavas do paseo fluvial do Mero

4 Nov 2022

O Concello remitiu, esta semana, un escrito a Augas de Galicia pedindo a reparación “urxente” das cárcavas do paseo fluvial do río Mero. En concreto, trátase de varios foxos de gran profundidade que están localizados no acceso á senda, á altura da ponte das Insuas e que dificultan a entrada dos usuarios e usuarias.

A petición formulouse xa en setembro de 2022 pero, ata a data, o Concello non recibiu resposta por parte do organismo. O alcalde, Óscar García Patiño, sinala que se trata da segunda solicitude que o Concello fai respecto a esta situación e confía en que a administración “atenda a petición e execute unha actuación urxente para reparar as cárcavas”.

O rexedor lembra que o paseo fluvial do río Mero conta “é un dous espazos naturais máis concorridos do municipio, e ao que acoden moitos veciños e veciñas de Cambre e doutros concellos”. Tendo isto en conta, García Patiño incide en que resulta “esencial manter esta senda nas mellores condicións de seguridade e accesibilidade posibles”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.