Os boletos para participar no sorteo entregaranse polo Concello aos/as vendedores/as que asistan a estas Feiras, para que os distribúan entre a súa clientela.
Os/as vendedores/as deberán entregar un único boleto a cada comprador/a que realice unha compra no seu posto. Nin as persoas titulares dos postos, nin o persoal dos mesmos poderán participar no sorteos, así como tampouco as persoas menores de idade. O persoal do concello de Cambre tampouco poderá participar neste sorteo. Os/as compradores/as depositarán os boletos, nos que indicarán obrigatoriamente un número de teléfono aos efectos de facilitar a comunicación no caso de resultaren premiados, na furna situada diante da Casa do Concello, quedando esta custodiada polo persoal municipal. Soamente poderán depositar os seu boletos aqueles compradores/as que evidencien a realización de compras nas feiras de Cambre.
O luns día 20 de febreiro ás 12:00 horas terá lugar o sorteo dos sete lotes entre os boletos depositados na furna, nas dependencias da Axencia de Desenvolvemento Local. En primeiro lugar extraeranse sete boletos e, a continuación, outros sete boletos de reserva para o caso de non se conseguise contactar coas persoas inicialmente gañadoras no prazo de tres días hábiles seguintes ao sorteo, ou no suposto de que as persoas gañadoras non cumprisen cos requisitos para ter participado no sorteo.
Non se admitirán como gañadores boletos que non inclúan un número de teléfono de contacto.
O resultado do sorteo quedará recollido na correspondente acta, asinada polo persoal técnico asistente ao acto, á que se xuntarán os boletos gañadores, os boletos de reserva e a listaxe de asistentes ao acto.
O persoal da Axencia de Desenvolvemento Local contactará coas persoas gañadoras unha vez rematado o sorteo, facéndolles entrega dos lotes nas dependencias da Axencia:
- O persoal municipal validará os premios mediante a comprobación do número de resgardo da parte do boleto que conservará a persoa premiada, que deberá presentalo para recibir o seu lote.
- Identificarase ás persoas premiadas co seu nome e apelidos, documento de identificación e datos de contacto no momento de proceder á entrega do lote.