O exército romano inicia a invasión do castro de Cambre

18 Xul 2024

Unha primeira avanzada do exército romano conformada polos nenos e nenas da escola infantil A Fraga Encantada iniciou, esta mañá, a operación para conquistar o castro de Cambre. En total, foron preto de 40 os soldados de entre 2 e 8 anos que realizaron a primeira inspección sobre o terreo. Os pequenos foron recibidos polo concelleiro da Axencia de Desenvolvemento Socioeconómico, Turismo e Patrimonio, Ramón Boga.

Os pequenos acudiron ao lugar dispostos a iniciar a batalla. Así, un ano máis, levaron túnicas, cascos, espadas e escudos confeccionados por eles mesmos.

Todo antes do arranque da VII Galaicoi, que terá lugar mañá, venres 19 de xullo, a partir das 18.00 horas. Prevese que o inicio das hostilidades entre os castrexos e os romanos comece ás 19.00 horas, tras a finalización da Asemblea de Clans.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.