O fado e a canción de autor, protagonistas dunha semana musical en Cambre

28 Set 2023

A canción de autor e o fado terán un gran protagonismo durante esta semana. O Concello celebrará, tanto o venres como o domingo, dous concertos con grandes expoñentes destes xéneros musicais e que levarán a cabo a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O venres, 29 de setembro (21.00 horas), o Parque da Igrexa acollerá o primeiro dos recitais. Este estará a cargo do cantante, César de Centi, que actuará acompañado por David Taboada ao piano e por outros artistas invitados.

O domingo, 1 de outubro (18.00 horas), as inmediacións do local social de Andeiro servirán de escenario para a actuación Mais um copinho. Trátase dun espectáculo no que Juan Vázquez (voz), Pablo Balseiro (guitarra española) e Álvaro Díaz (guitarra acústica) interpretarán algunhas das pezas máis representativas do fado. Desta forma, durante o concerto soarán versións de Amalia Rodríguez, Mariza, Dulces Pontes e Misia, entre outras.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.