O fotógrafo David Mateo levará a Vila Concepción a súa exposición ‘Wheels and Photos’ sobre o rexurdir da moto clásica

8 Abr 2024

O fotógrafo David Mateo expoñerá o seu traballo na Casa da Cultura Vila Concepción. Baixo o título Wheels and Photos, a mostra estará conformada por 30 instantáneas nas que se reflectirá o rexurdir da moto clásica e a paixón que o motociclismo esperta entre miles de persoas. A exposición estará dispoñible desde este venres, 12 de abril, ata o día 30.

O autor realizou un extenso labor de documentación, abarcando desde carreiras en Galicia ata reunións café racer en Francia e tamén concentracións moteiras. Todas as fotografías foron captadas en Biarritz (Francia), na Coruña e en Pontevedra.

Na exposición, David Mateo valeuse do branco e negro, utilizando unha técnica de relevado similar á que se empregaba nas películas con moito gran. Todo este traballo de fotografía e revelado resultou nunha mostra composta por retratos e fotografías coas que o público poderá coñecer o ambiente moteiro, situacións do día a día neste mundo e mesmo outras propias de hai anos como, por exemplo, a arrancada con patada.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.