O goberno local saca a licitación a mellora da pista polideportiva do Temple

16 Nov 2024

O Concello de Cambre acaba de sacar a licitación o proxecto de mellora da pista polideportiva municipal do Temple. As obras, valoradas en 60.000 euros, estarán financiadas a cargo do Plan Único POS+ 2022 da Deputación da Coruña, e inclúen actuacións na pavimentación, pintado, drenaxe e peche das instalacións.

En primeiro lugar, procederase á repavimentación da pista, que na actualidade atópase sensiblemente deteriorada, para despois continuar co seu pintado, co que se marcarán unha pista de fútbol-sala e dúas pistas de minibasket.

Posteriormente, ampliarase a drenaxe coa execución de varias xuntas, e procederase á preinstalación do cableado para preparar unha futura mellora na iluminación da zona. Por último, traballarase sobre o peche, restaurando o actual valado e renovándoo nos fondos de ambas as porterías.

A alcaldesa de Cambre, María Pan, quixo destacar “o apoio de Alternativa dos Veciños, que co seu voto a favor a estas licitacións están poñendo por diante unha vez máis o interese xeral dos veciños e veciñas de Cambre”. Ademais, a rexedora insistiu en pedir “a todos os partidos da Corporación a remar xuntos polo ben de Cambre”.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.