O inicio do curso chega co lanzamento dos programas de actividades socioculturais e educativas

21 Set 2022

O inicio do curso escolar 2022/2023 trae consigo o lanzamento dunha nova convocatoria dos programas de actividades socioculturais e educativas. Trátase dunha oferta “completa” coa que o goberno local busca brindar “propostas de lecer culturais e deportivas aos veciños e veciñas de todas as idades”.

Por unha banda, a oferta de actividades socioculturais de proximidade achegará ás zonas urbanas e ás parroquias do municipio as seguintes iniciativas:

  • Reforzo de memoria: dispoñible na Barcala, Anceis, Bribes, Cambre, Cecebre, Meixigo, O Temple, Santa María de Vigo e Sigrás.
  • Manualidades: na Barcala, Anceis e O Temple.
  • Pintura: no Temple (dous grupos)
  • Sevillanas: no Temple
  • Fotografía: en Brexo-Lema
  • Informática básica: na Barcala e O Temple
  • Manexo de móbil e tablet: Brexo-Lema, Sigrás, Pravio, Meixigo, Cecebre e Santa María de Vigo.
  • Meditación: Bribes
  • Costura e confección: na Barcala

As actividades comezarán o próximo 3 de outubro e terminarán o 31 de maio de 2023, fóra da de manexo de móbil e tablet, que conta cunha duración específica. As persoas interesadas poderán anotarse ata o 27 de setembro cumprimentando o formulario de inscrición e entregándoo nos rexistros municipais ou a través da sede electrónica.

Actividades educativas

Como todos os anos académicos, o Concello organiza, así mesmo, o programa de actividades educativas para os nenos e nenas. A proposta para 2022/2023 inclúe as seguintes iniciativas:

  • Xadrez (iniciación): para alumnado de educación Primaria, ESO e Bacharelato.
  • Xogos predeportivos: nenos/as de 6º educación Infantil e 1º e 2º de educación Primaria.
  • Escola de minivoleibol: alumnado de 3º a 6º de educación Primaria.
  • Escola municipal de ciclismo: alumnado desde 2º de educación Primaria.
  • Taller de inglés: 5º e 6º de educación Infantil e de 1º a 6º de educación Primaria.
  • Actividade informática (robótica e programación): 6º de educación Infantil e para toda Primaria.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de setembro. As persoas interesadas poderán tramitar a súa solicitude enchendo o formulario dispoñible na web municipal e entregando a documentación necesaria nos rexistros do Concello ou na sede electrónica.

Escola de Familias

A maiores, o curso académico contará tamén coa Escola de Familias, coa que se buscará dar apoio educativo e psicolóxico aos pais, nais, titores ou outros familiares do alumnado. A meta non é outra que colaborar cos familiares na educación dos seus fillos/as resolvendo, así mesmo, calquera dúbida que poidan ter tanto os adultos como os propios nenos e nenas. Esta iniciativa incluirá módulos sobre as seguintes temáticas: absentismo e fracaso escolar (17 de outubro), mediación de conflitos no ámbito escolar (7 de novembro), uso responsable de redes sociais (28 de novembro) e iniciación á educación afectivo-sexual e coñecemento da diversidade (12 de decembro).

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.