O inicio do curso en Cambre chega co lanzamento do programa de actividades socioculturais de proximidade

19 Set 2023

O inicio do curso escolar 2023/2024 trae consigo o lanzamento dunha nova convocatoria do programa de actividades socioculturais de proximidade. O concelleiro de Cultura, David Saborido, sinala que o obxectivo destas propostas é “dinamizar as parroquias do municipio, ofrecendo unha programación cultural e de lecer para veciños e veciñas de todas as idades”.

As actividades comezarán o próximo 2 de outubro e terminarán o 31 de maio de 2024, fóra da de manexo de móbil e tablet, que conta cunha duración específica. As persoas interesadas poderán anotarse desde mañá, mércores 20 de setembro, ata o día 27. Para iso, deberán cumprimentar o formulario de inscrición dispoñible na páxina web municipal e entregalo nos rexistros municipais ou a través da sede electrónica.

Como novidade con respecto á convocatoria anterior, o local social de Cela incorpórase como nova localización para algunhas das actividades. Desta forma, as sesións formativas realizaranse tanto nas zonas urbanas como nas parroquias. A oferta do curso 2023/2024 inclúe:

  • Reforzo de memoria: dispoñible na Barcala, Anceis, Brexo Lema, Bribes, Cambre, Cela, Meixigo e O Temple (neste último caso, haberá dous grupos)
  • Manualidades: na Barcala, Anceis e O Temple
  • Pintura: en O Temple (dous grupos)
  • Sevillanas: no Temple
  • Fotografía: na urbanización A Barcala
  • Informática básica: na Barcala e O Temple
  • Manexo de móbil e tablet: Brexo Lema, Sigrás, Pravio, Meixigo, Cecebre e Cela
  • Meditación: Santa María de Vigo
  • Patchwork: urbanización A Barcala
  • Costura e confección: na Barcala
  • Cestería: en Cambre

Ficha inscrición actividades socioculturales de proximidade

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.