Cambre conmemorará o Día Mundial contra o Cancro cunha xornada chea de actividades. Desta forma, o sábado, 4 de...
O programa de conciliación Mañanceiro comezará esta semana con 438 nenos rexistrados

Tamén che pode interesar
Adxudicada a ampliación do complejo deportivo da Barcala
A xunta de goberno local adxudicou, esta mañá, o proxecto de reforma e ampliación do complexo deportivo da Barcala. As...
O número de solicitudes aumentou un 15% con respecto ao anterior ano académico.
O inicio do curso escolar supoñerá tamén o arranque do Mañanceiro. O programa de conciliación empezará a funcionar o xoves, día 8 de setembro, e dará servizo a 438 nenos e nenas, un 15% máis que no anterior ano académico. O concelleiro de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, apunta que esta prestación se volveu “esencial” para as familias en canto a que favorece a conciliación da “vida persoal e familiar no regreso ás aulas”. En canto ao aumento das cifras con respecto ao curso 2021/2022, o edil considera que estes números reafirman a necesidade de “seguir apostando por este tipo de medidas de conciliación”.
A iniciativa estará en marcha na E.E.I San Bartolomeu de Pravio e os CEIPS Wenceslao Fernández Flórez, Gonzalo Torrente Ballester, Emilio González López, O Graxal e no colexio Portofaro.
A través deste servizo, que funcionará de luns a venres, os escolares poderán acceder ao centro ás 7.30 horas e permanecer alí ata o inicio das horas lectivas. O Concello ofreceu a posibilidade de almorzo para os pequenos e pequenas, poñéndose en marcha en todos os centros, excepto na E.E.I de Pravio, onde non se alcanzou o mínimo de solicitudes.
Os cambreses e cambresas poderán formalizar a súa inscrición ao longo de todo o curso académico sempre que haxa prazas dispoñibles.