O programa ‘Vente de marcha’ da OMIX programa unha nova saída á lagoa de Vixán en outubro

15 Set 2022

A última actividade que se realizou dentro do programa consistiu nunha excursión á lagoa de Cospeito.

O programa ‘Vente de marcha’ da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ofrecerá unha nova saída. Nesta ocasión, o destino da excursión será a lagoa de Vixán, no parque natural de Corrubedo. A previsión é que a proposta se leve a cabo o 15 de outubro e que o prazo de inscrición se abra a finais do mes de setembro. A última das saídas do ‘Vente de marcha’ tivo lugar a pasada fin de semana e, na mesma, participaron unha trintena de persoas que coñeceron a lagoa de Cospeito.

A actividade incluíu un roteiro de 15 km na que as persoas participantes discorreron polos seguintes puntos en torno ao humidal de Terra Chá: San Martiño de Lamas (Os Currás), Lagoas de Lousado, Lagoa de Carballosa, Bodenlle, A Torre, Felín, Feira do Monte, A Lama de Anidos, e Lagoa de Valverde. Ademais do propio percorrido, a OMIX organizou unha actividade complementaria que, neste caso, consistiu en piragüismo e tiro con arco.

O tópico central de todas as saídas da convocatoria serán os lagos, lagoas e termas de toda Galicia. O concelleiro de Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, sinala que o obxectivo deste programa, que conta cunha gran aceptación veciñal, “é promover un estilo de vida saudable entre a cidadanía, dando a coñecer, ademais, lugares de interese de toda a xeografía galega”. Neste sentido, as saídas organízanse sempre nas fins de semana co fin de estimular a participación entre os veciños e veciñas de todas as idades.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.