O Rock in Cambre chegarás ás novas xeracións cunha proposta de actividades e obradoiros infantís

31 Xul 2023

Un dos pratos fortes do Rock in Cambre será, sen dúbida, a actuación dos grupos locais, galegos, nacionais e internacionais. Con todo, o programa do festival ofrecerá numerosas actividades pensadas, especialmente, para o público infantil. O concelleiro de Cultura, David Saborido, sinala que estas iniciativas buscan “seguir cultivando a paixón por este xénero musical entre as novas xeracións”. A programación prolongarase entre o 3 e o 10 de agosto. A primeira proposta consistirá no taller ‘Vive o rock… a mogollón’, de iniciación á linguaxe musical. Será o xoves, 3 de agosto, de 18.30 a 19.30 horas no centro sociocultural do Graxal. Ao día seguinte, venres 4 de agosto, terá lugar un taller de batería. Neste caso, haberá dúas quendas: a primeira, de 17.00 a 18.00 horas, e a segunda, de 18.30 a 19.30 horas. Ambas as sesións celebraranse no local de ensaio da Barcala. O vindeiro martes, 8 de agosto, será a quenda do taller ‘Queres ser rockeiro? Crea o teu propio instrumento’ destinado a pequenos e pequenas de entre 6 e 12 anos. Será no centro sociocultural da Barcala de 18.30 a 19.30 horas. O mércores, 9 de agosto, haberá un taller de customización de camisetas na aula de costura da Barcala (19.00 a 20.00 horas). A oferta terminará o xoves, día 10, co taller de danza ‘Rock miúdo’.  Será no local social de Samosteiro e está pensado para nenos e nenas de 4 a 12 anos. As persoas interesadas terán que anotarse previamente a través do teléfono 981 61 31 93 ou no WhatsApp 649 891 212.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.