O Servizo Municipal de Emerxencias e a Policía Local traballan de forma coordinada para atender as incidencias do temporal

20 Out 2023

A chuvia e o vento provocaron, nas últimas horas, varias incidencias en todo o municipio. O Servizo Municipal de Emerxencias de Cambre e a Policía Local están traballando de forma coordinada para atendelas á maior brevidade. A maior parte estiveron relacionadas con caídas de árbores, rexistrándose unha decena de incidentes deste tipo.

Unha das caídas tivo lugar en Santa María de Vigo, afectando ao tráfico. Outra árbore caeu na pista deportiva do Temple causando danos no peche, e a situación repetiuse tamén na zona do parque infantil do Barco.

A primeira hora da mañá, e ante a previsión climatolóxica adversa, o Concello procedeu a pechar os parques e pistas deportivas ao aire libre.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Daniel Mallo, agradece “o enorme esforzo que están realizando os operativos de emerxencias” e solicita aos veciños e veciñas que extremen as precaucións ante a previsión meteorolóxica.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.