O Concello de Cambre organiza os Obradoiros de Semana Santa 2026, unha actividade de conciliación da vida laboral e familiar dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, toda Educación Primaria e 1º da ESO durante as vacacións escolares de Semana Santa.
As persoas participantes realizarán actividades lúdico-deportivas e culturais adaptadas ás distintas idades.
Datas
30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril de 2026.
Lugar de realización
CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre (pavillón polideportivo, aula de usos múltiples, aula ANPA, ximnasio, comedor escolar e baños anexos).
Prazas
-
Mínimo: 20
-
Máximo: 70
Prazas mínimas para a posta en marcha dos servizos:
-
Atención primeira hora: 10
-
Almorzo: 10
-
Actividades: 20
-
Comida: 25
Prazo de inscrición
Do 4 ao 13 de marzo de 2026 (ambos incluídos).
Fóra deste prazo só se poderán presentar solicitudes de alta, no caso de existir prazas vacantes, ata as 23:59 horas do 20 de marzo de 2026. Finalizado este prazo non se admitirán novas solicitudes.
Documentación a presentar
-
Solicitude de inscrición segundo modelo normalizado.
-
Autorización bancaria debidamente cuberta.
-
Documento acreditativo do número IBAN da conta bancaria onde se realizará o cargo.
No caso de solicitar redución na cota das actividades deberá achegarse a documentación acreditativa correspondente (Familia Numerosa, rexistro de desemprego, carné OMIX ou Xove).
Redución na cota da comida
Para solicitar redución na cota da comida será necesario presentar:
-
Autorización asinada para a comprobación de datos de renda de todos os membros maiores de idade da unidade familiar ante a Axencia Tributaria.
No caso de non autorizar a consulta, deberá presentarse copia da declaración da Renda de todos os membros maiores de idade. -
Libro de Familia.
-
De ser o caso: sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador onde figure a pensión de manutención, certificado de viuvez, ou certificado de familia monoparental/monomarental.
Se esta documentación xa foi presentada nos anos 2024, 2025 ou 2026 e continúa vixente, non será necesario achegala novamente, sempre que se indique expresamente na solicitude o expediente no que consta.
Para os supostos nos que existan cambios na situación familiar no exercicio 2026 (separación, desemprego, ERTE, viuvez ou outras circunstancias), deberá presentarse a documentación acreditativa correspondente que permita calcular a renda per cápita anual da unidade familiar.
O Concello poderá solicitar documentación adicional se así o estima necesario para o cálculo da renda.
Selección
Se o número de solicitudes non supera o número de prazas, admitiranse todas as solicitudes presentadas en prazo.
De existir máis solicitudes que prazas, realizarase valoración conforme aos criterios establecidos e elaborarase lista de agarda.
As solicitudes fóra de prazo ordenaranse segundo data de rexistro de entrada.
Publicación de listaxes
-
Publicación inicial: 17 de marzo de 2026.
-
Publicación definitiva: 25 de marzo de 2026.
As baixas ou cambios de modalidade deberán solicitarse por escrito ata as 23:59 horas do 20 de marzo de 2026. Finalizado este prazo procederase ao cobro da actividade, agás causa de forza maior debidamente xustificada e presentada antes do inicio.
Horario e modalidades
-
Mañanceiro (con almorzo): de 7:30 a 9:30 horas.
-
Actividades: de 9:30 a 13:30 horas.
-
Comida e actividades posteriores: de 13:30 a 16:30 horas.
No caso de non existir número suficiente de solicitudes para o servizo de comedor, as actividades rematarán ás 14:30 horas, con atención ata as 15:00 horas para quen o solicite.
Tarifas por modalidade
-
Mañanceiro e actividades (7:30–13:30): 24,00 €
-
Mañanceiro, actividades e comida (7:30–16:30): 52,00 €
-
Actividades e comida (9:30–16:30): 44,00 €
-
Só actividades (9:30–13:30): 16,00 €
Información importante
-
As autorizacións incluídas na solicitude deben estar debidamente cubertas.
-
Non se poderá traer material propio da casa nin dispositivos electrónicos ou teléfonos móbiles.
-
Non se poderá levar comida para almorzo nin comida, agás merenda de media mañá.
AUTORIZACIÓN RENTA OBRADOIROS SEMANA SANTA 2026
SOLICITUDE INSCRICIÓN OBRADOIROS SEMANA SANTA 2026
INFORMACIÓN OBRADOIROS SEMANA SANTA 2026