No centro urbano de Cambre inaugurouse no 2001 unha moderna Oficina de Información Turística integrada no Centro de Interpretación do Xacemento romano. Co pano de fondo da igrexa románica de Santa María de Cambre, o visitante poderá coñecer de primeira man os interesantes e numerosos recursos turísticos que pode visitar o noso concello.