Oito grupos locais, galegos e nacionais agrandarán hoxe a lenda do Rock in Cambre

10 Ago 2024

Cambre é, desde fai máis de tres décadas, a capital do rock. Oito grupo locais, galegos e autonómicos encargaranse de confirmalo hoxe no XXXII Rock in Cambre. Este ano, Carlos Tarque & La Asociación del Riff, Sexy Zebras, Aphonnic, Bestas, Recambios Tucho, Inadaptados, Sin City Devils e Los Gremlins subiranse ao escenario atraendo ao Campo da Feira por centos de devotos deste xénero musical, en xeral, e do festival cambrés, en particular. Unha das principais novidades desta edición será a aposta do goberno por impulsar, aínda máis, as actuacións dos grupos de Cambre. Noutras ocasións, as bandas cambresas eran as primeiras en actuar, dando paso, a continuación, ás formacións autonómicas e nacionais. En contrapartida, o equipo de goberno decidiu variar esta orde, intercalando as actuacións para que os músicos cambreses poidan tocar tamén naquelas horas nas que se prevé unha maior afluencia de público. A orde será o seguinte:
  • Los Gremlins: 18.15 horas
  • Bestas: 19.15 horas
  • Inadaptados: 20.30 horas
  • Aphonnic: 21.35 horas
  • Carlos Tarque & La Asociación del Riff: 23.00 horas
  • Sexy Zebras: 1.00 horas
  • Sin City Devils: 2.30 horas
  • Recambios Tucho: 3.25 horas
Dispositivo de seguridade O Rock in Cambre contará, este ano, cun Punto Violeta posto en marcha desde a Concellería de Servizos Sociais. Este espazo estará dispoñible ao longo de toda a noite e, nel, brindarase información e asesoramento ás mulleres ante calquera tipo de agresión sexual. O Concello poñerá en marcha un dispositivo de seguridade no que tomarán parte o persoal do Servizo Municipal de Emerxencias de Cambre e a Garda Civil.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.